viernes, 13 de marzo de 2015

Comenzamos

Hoxe comezo unha nova experiencia, este é o meu primeiro blog, así que voume a presentar:
Chámome Tania, e son unha rapaza de 15 anos, estou cursando 3º, e por agora  vaime ben.
Vivo nun lugar que me parece un tanto aburrido, posiblemente é porque non lle dou a importancia que merece, non valoro a súa cor verde dos campos, a liberdade de pasear por un xardín, no que o único que respiras é tranquilidade, quizás iso me pasa porque xa estou acostumada a miralo todos os días , pero que se lle vai a facer , iso xa é parte da miña rutina. 
Son unha rapaza un tanto tranquila, pero teño moito carácter cando algo me incomoda. Gústame moito bailar, pero son un tanto tímida para algunhas cousas, co cal o fago cando ninguén me mira.
Gústanme moito as cancións latinas, pero sin duda algunha, adoro as cancións tranquilas , esas que cando as escoitas por primeira vez, se che pon esa cousa na barriga, e empezas a recordar cousas que che pasaron ou che estan pasando nese momento, esas cancións que cando as escoitas se che poñen os bellos de punta, e che estremece todo o corpo, esas cancións que dicen verdades, nas que non todo é idealizado, as que de verdade te motivan para lograr o que che propós no teu día a día, esas cancións que cando as escoitas non podes parar de cantalas, esas que por muito que as escoites mil e unha vez nunca te aburres delas, cancións como estas:



 Recordo que cando escoitei esta canción por primeira vez, recordei muitas cousas, que parecía haber esquecido, e dende esa vez, intento escoitala sempre que podo, nunca me aburro dela.
Creo que despois desta pequena introducción sobre quén son, e algúns dos meus gustos, e hora de que me despida de vos.
Un saúdo, espero que nos vexamos pronto !!