viernes, 5 de junio de 2015

                             PORTO DO MOLLE

O martes fomos de excursión o Porto do Molle, Nigrán,  ca profesora de iniciativas e cos alumnos do ciclo, tamén viu connosco o seu profesor.

Primeiro fomos a un viveiro de empresas onde nos explicaron un pouco en que consistía iso, como axudaban á xente, non só ensinándolle a formar unha empresa senón tamén, axudándolle economicamente para que tiveran máis oportunidades á hora de formar unha empresa, por exemplo ofrecéndolle un aluguer dun despacho a un prezo moi reducido, ademáis de axudas económicas para sacar adiante a empresa.

Tamén nos deron unhas charlas uns rapaces que están formando a súa empresa, faláronnos de como  chegaran á idea de formar esa empresa.

Un deles formouna de máquinas de exercicio. El antes competía con barcos de vela. Sempre lle gustou moito o deporte e unha cousa levou a outra. Despois dun tempo ocorréuselle a idea de perfeccionar unhas máquinas que xa antes tiña mirado, e o fixo, ata chegar a onde está, xa son varios equipos de fútbol de primeira división que lle mercaron esas máquinas, así que está moi contento por iso.

O outro rapaz que nos falou da súa empresa díxonos que como xogador de videoxogos estaba cansado de da pagar moitos cartos por un xogo que en dez horas como moito xa o tiña rematado, polo que se lle ocorreu a idea de facer unha páxina donde pagas vinte euros ó mes e xogas a todos os xogos que queiras, como un estilo o spotify pero en lugar de ser con música, con videoxogos.

Cando remataron as charlas nos ensinaron un pouco ás instalacións, e ó saír fomos a ver unha nave bioclimática, xa que o seu teito estaba cuberto de placas solares. Foi unha visita un pouco rápida.

Nada máis saír fomos a facer unha pequena ruta pola zona cos alumnos do ciclo, e o rematar fomos a mercar ó Mercadona.

E xa chegou a hora da comida, así que nos fomos o Monte Castelo, o rematar de comer, e aproveitando o cumpreanos de Antón, púxenlle ás velas nuns croisants de chocolate, e cantámoslle o cumpreanos feliz.

O seguir chegou a hora de facer rapel, aínda que eu non o fixen polo meu medo ás alturas, foi unha tarde de risas e bos ratos.

Ás sete da tarde puxemos xa rumbo o colexio. En definitiva, a excursión estivo moi ben, pasamos bos momentos cos compañeiros e aprendemos moitas cousas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario