viernes, 15 de mayo de 2015

Día das letras galelgas e Rosalí de Castro

O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega, propuxeron que o 17 de maio fose o día das letras galegas, posto que nese ano se celebraba o centiario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Propúxose eso día o 17, porque a pesar de que se descoñece o día exacto da publicación dese libro, Rosalía o 17 de maio  adicoulle a unha poeta Fernán Caballero o seu libro, por iso se pensou que a Rosalía lle houbese gustado esa data para celebrar o día das letras galegas.
Cada ano este día llo dedicamos a un escritor diferente, e este ano tócalle a Xosé Fernando Figueira Valverde, este foi un escritor, intelectual, investigador, erudito e crítico español, da lingua galega e castelán, por iso a Real Academia Galega lle didicou este día no ano 2015, polo seu traballo a favor da lingua galega.Son moitos os campos que abarcou Figueira Valverde. Escribiu máis de 300 libros e milleiros de artigos, tamén deu discursos e conferencias, podemos destacar Guía de Compostela, Castelao escenógrafo, Da épica na Galicia medieval, Don Quijote y el amor trovadoresco, la toponímia gallega, Rosalía no seu fogar.... 



Rosalía de Castro naceu o 24 de febreiro de 1837. Foi unha poeta moi importante para galicia, xa que foi a primeira muller que publicou un libro en galego, Cantares Gallegos,  despois da decadencia da lingua escrita, isto fixo que ouitros poetas comenzasen a escribir tamén en galego, e que esa crise a que lle chamamos séculos escuros, desaparecese.
Estivo casada con Manuel Murguía, e tibo sete fillos, dos cales tres morreron antes de que Rosalía morrese o 15 de xulio de 1885 os 48 anos, e os demáis morreron sen descendencia.   





No hay comentarios:

Publicar un comentario